Mercado tradicional de abastos. Situado no corazón da Agra do Orzán, o mercado das Conchiñas abriu as súas portas a mediados da década dos setenta.
Cunha superficie de 5.000 metros cadrados repartidos en tres andares, destaca a súa fachada de lousa e zinc.
Consta de medio cento de postos, entre os que se atopan peixarías, carnizarías, polerías, froitarías e unha panadaría.
Coa súa oferta de produtos, o mercado aposta por impulsar o comercio local e de proximidade.