A App Coruña é unha app de servizos da cidade, unha ferramenta dixital coa que poderás consultar e acceder de maneira áxil a múltiples servizos. Así, poderás acceder á axenda de eventos da cidade, a información en tempo real sobre o tráfico, horarios e tempos de chegada dos autobuses, alugueiro das bicicletas públicas, a túa información administrativa (os recibos, impostos, padrón etc...) e moito máis. Esta app é unha excelente ferramenta para estar ao día dos servizos municipais e da vida da cidade.
Os servizos existentes na app oriéntanse a distintos perfís: cidadán e turista. Selecciona o perfil turista se queres coñecer información específica destinada a ti como p.ex. a planificación de rutas turísticas guiadas e a visita á túa cidade, contidos culturais, de lecer etc. Descarga a App de servizos municipais da Coruña agora e mantente ao día sobre os servizos máis relevantes da cidade.
Adentra na historia da cidade da Coruña desde unha nova perspectiva. Descubre reconstrucións dos monumentos máis emblemáticos en 3D en distintas épocas da súa historia: Torre de Hércules, Castelo de San Antón, Castro de Elviña, Sistema defensivo da cidade... revive as batallas máis importantes como a Bataña de Elviña ou o ataque de Norris-Drake á cidade, e investiga contido exclusivo actual a través desta aplicación.