Este ano celebramos a nosa 12.ª edición do festival DÁLLE DONAIRE
Para público en xeral
05/04/2025
Xa rematou
12.00 e 17.30 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Asociación Cultural Donaire
info@acdonaire.com
É unha ocasión moi especial, xa que a nosa asociación está de 25 aniversario, e aproveitaremos para facer un repaso da nosa historia. Para iso, contaremos con todos os grupos de mozas e mozos que asisten á nosa escola pero tamén con xente adulta que mostrarán a gran diversidade coa que contamos en Donaire.
VENDA DE ENTRADAS: