
Unha noite máxica por unha gran causa
Para público en xeral
18/09/2025
Xa rematou
19:00 h
Pídese puntualidade.
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Club de Leóns A Coruña Teresa Herrera.
Unímonos nun evento especial onde a solidariedade e a música danse a man. Todo o recadado coa venda de entradas será doado integramente á Asociación Española Contra o Cancro na Coruña, apoiando o seu incansable labor de investigación, prevención e acompañamento a pacientes e familias.
Ven a vivir unha velada inesquecible e axúdanos a construír un futuro sen cancro.Cada entrada non é só un pase ao concerto... é tamén un xesto de amor e esperanza.
Venda de entradas:
Venda en liña :Ataquilla.com
Despacho de billetes da Praza de Ourense, de luns a venres de 11:00 a 15:00 h e de 16:30 a 19:30 h.
Despacho de billetes do Centro Ágora: só abre os días de función desde unha hora antes do espectáculo.