Concello da Coruña

Concello da Coruña
Colaxe de fotografías de varios edificios do século XVIII da Coruña

Ando na Coruña: A Coruña das mansións do século XVIII: función e representación. 2.ª edición

A Coruña das mansións do século XVIII: función e representación é a terceira actividade dentro do Programa Ando na Coruña do ano 2024. Alfredo Vigo Trasancos é un recoñecido especialista en temas de arquitectura e urbanismo, especialmente do século XVIII e particularmente do Barroco e a Ilustración. Da súa man, coñeceremos algunhas das construcións residenciais que se edificaron na Coruña no século XVIII e que lle deron á cidade unha imaxe absolutamente innovadora.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

Os días 12/03/2025 ás 18:00 , 19/03/2025 ás 18:00 , 26/03/2025 ás 18:00

Atención: segunda edición!

Novo horario: as sesións comezarán ás 18.00 h

Inscricións:

Dende o 05/03/2025 ata o 12/03/2025

Require inscrición previa

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Número de prazas:

20

Requisitos:

Inscrición previa

As persoas inscritas comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións, sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da listaxe de espera. 

O número de participantes variará dependendo dos requisitos e das necesidades de cada actividade en concreto.

Organiza:

Biblioteca de Estudos Locais

Contacto:

Teléf.: 981 184 386

Biblioteca Estudos Locais

Primeira sesión: introdución e presentación  (12 de marzo)

Nesta primeira sesión entrégaselles ás persoas participantes un completo dosier con bibliografía e textos seleccionados.

Alfredo Vigo Trasancos realizará unha presentación e contextualización do marco histórico da Coruña no século XVIII, mediante unha conferencia apoiada dunha presentación en Power Point.

A continuación, empezará co estudo individual de cada casa. Os edificios que se van analizar serán:

  • Casa de Zuazo Mondragón (marqués de Almeiras)
  • Casa Cornide
  • Casas de Paredes
  • Antiga Aduana (actual subdelegación do Goberno)
  • Casa de José Ramos (posteriormente Real Consulado Marítimo)
  • Capitanía

Segunda sesión: continuidade (19 de marzo)

Nesta sesión remátase a exposición sobre as mansións e dedícase o resto do tempo a que as persoas participantes poidan intervir, unha vez lidos os textos do dosier, e expoñer as súas dúbidas e observacións.

Terceira sesión: visita guiada (26 de marzo)

A derradeira sesión consistirá nunha visita guiada aos edificios estudados anteriormente, unicamente  polo exterior destes: Casa de Zuazo Mondragón (marqués de Almeiras), Casa Cornide, Casas de Paredes, Antiga Aduana (actual Subdelegación do Goberno), Casa de José Ramos (posteriormente Real Consulado Marítimo) e Capitanía.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión