Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

"Arrolar", da Fundación Legar

Obradoiro de arrolos e música para adormecer

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

01/04/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 28/03/2025 ata o 01/04/2025

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Pídese puntualidade. 

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 horas 

Duración:

60 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

35 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Os arrolos, nanas ou cantigas de berce son cantares infantís de cariz popular, de suave e rítmica melodía que acotío se acompañan de movemento ou un axóuxere. Reforzarase o vínculo afectivo entre as crianzas máis pequechas e as persoas adultas. O obradoiro está dividido en tres partes: os arrolos, o adormecer e o espertar. É unha actividade interactiva na que as familias contarán con material para poder participar na sesión (instrumentos de raíz e cantigas recuperadas da tradición oral).

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: 

Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

Pídese puntualidade. 

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en