Andaina guiada por un barrio da cidade coas letras como protagonistas
Maiores de 16 anos
Para público en xeral
07/06/2025
Dende o 02/06/2025 ata o 06/06/2025
As inscricións faranse a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55).
11.30 horas
1.30 h aprox.
A Coruña
55
De balde e con inscrición previa
É necesaria a inscrición confirmada a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto.
Normalización Lingüística do Concello da Coruña
A Coruña das Letras é a actividade organizada por Normalización Lingüística do Concello da Coruña, dentro do programa de fomento da lingua galega entre a poboación en xeral.
Co fin de traballarmos a lingua, a cultura e a literatura galegas na nosa cidade, e achegándonos a distintos barrios, realizamos unhas andainas guiadas pola Coruña máis invisible da man do coñecido músico e escritor Xurxo Souto (sobre todo pola súa etapa no mítico grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto).
Nas tres datas desta primavera aprenderemos máis da toponimia tradicional da cidade, dos lugares máis descoñecidos ou invisibles da cidade relacionados coas cantareiras ás que se lles dedica este ano o Día das Letras Galegas. Internarémonos na historia da cidade, na literatura e tamén se falará da importancia da lingua nas letras do cancioneiro popular.
A segunda das andainas será o sábado 7 de xuño, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 26 de maio ata o venres 6 de xuño) "As rúas que soan: da Pescaría ao Campo da Leña. Ópera ambulante". Nesta andaina, entre outras informacións, camiñaremos por zonas relacionadas co Circo de Artesáns, Alan Lomax, Cántigas da Terra, o primeiro disco en galego etc.
INFORMACIÓN XERAL QUE CÓMPRE TER EN CONTA:
- As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55). Precísase que se faciliten o nome e os apelidos e un teléfono de contacto.
- A duración é de, aproximadamente, unha hora e media. O lugar de saída para comezar a andaina comunicarase no correo de confirmación da inscrición.
- A actividade diríxese a maiores de 16 anos.