Ava é unha experta observadora de paxaros. Alegre, curiosa e aventureira, a súa paixón é o bosque e toda a vida que cada día podemos descubrir nel. Tamén lle encanta animar as pequenas e pequenos espectadores a prestar moita atención sobre todo o que pasa entre as árbores…
Familias, Para público en xeral
07/06/2025
Xa rematou
17.30 h
Platea: 15,00 €
Palco: 12,00 €
Principal: 10,00 €
(1.ª fila de principal (visibilidade reducida) 8,00 €)
*Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas
*Desconto do 25% para familia numerosa
(Para que se apliquen os descontos é necesario presentar a documentación que acredita o desconto no momento da compra e do acceso ao teatro.)
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
RECOMÉNDASE:
A Banda do Bosque recibe de parte do señor Moucho a misión de atopar un misterioso tesouro. Robin, Carpin, Pegui e Merli enfróntanse durante a procura a distintos obstáculos, pero tamén a momentos emocionantes arredor de todo o que ofrece a natureza no bosque, os cambios meteorolóxicos, ou o día e a noite.
No medio da aventura, moita música: doce cancións orixinais xa coñecidas polo público de Bibopalula, como O terremoto, As estrelas ou A poza, con coreografías, efectos especiais e unha espectacular iluminación para unha experiencia teatral inédita en Galicia pensada para nenas e nenos de 4 a 8 anos.
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades