No espectáculo Blink Flash Duncan descubrimos a viaxe iniciática de Isa, viaxe baseada na biografía emocional de Isadora Duncan. A peza é unha proposta artística para os/as máis pequenos/as que busca espertar a danza como unha linguaxe de expresión e abrir a conciencia das propias emocións e as das demais persoas.
Familias, Para público en xeral
15/06/2025
Inicio de vendas para este espectáculo o venres 13 de xuño ás 11.00 h
Xa rematou
11.30 e 13.00 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
agora@coruna.gal
Unha boa tarde, mentres todo o mundo dorme, unha nena desencantada, un pouquiño triste e aburrida, chega a unha praia. De súpeto, o seu mundo baleiro empeza a encherse de maxia: Isa descóbrese creadora. Cada recuncho da praia garda un obxecto que inicia un novo mundo cunha cor, música e experiencia propios. Isa é unha moza valente e atrévese a xogar.
O mundo cambiou, é un lugar cheo de posibilidades.
Dirémosvos un último segredo: estes obxectos gardan experiencias vitais de Isadora Duncan. Os/as nenos/as non a verán, nós tampouco, pero ela regalaranos un camiño cara á liberdade, cara ao descubrimento do propio movemento, cara á creatividade, cara á ilusión.
VENDA DE ENTRADAS
As entradas poderanse adquirir a partir do venres anterior a cada espectáculo.
Pagamento: no despacho de billetes da praza de Ourense, no do Ágora e na venda en liña con tarxeta de débito ou crédito, excepto American Express.
Máis información: www.coruna.gal/cultura
Entidades