Espectáculo para a primeira infancia
Familias, Infancia
21/03/2023
Xa rematou
Dende o 17/03/2023 ata o 21/03/2023
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de ata 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
40 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
40 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
A casa é o símbolo do colo amoroso que nos acolle nos primeiros anos de vida, que nos arrola, abraza e protexe. O centro do mundo na primeira infancia con portas, ventás...
Imos visitar casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío, casas-maleta que viaxan polo mundo... xunto con Marta Ortiz.
Espectáculo baseado no asombro e na transmisión do amor a través da palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións, de dedos, trabalinguas, arrolos, poemas... os cimentos da casa que construiremos ao longo da vida, para descubrirmos o mundo orgullosos/as de quen somos.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.