Concello da Coruña

Concello da Coruña
Castelao

Castelao: pensamento político de actualidade de Bieito Alonso

Bieito Alonso é historiador e autor dun número importante de obras, entre as que destacan: Breve historia do nacionalismo galego (1999) e O exilio de Castelao. 1939-1950.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/03/2025

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Duración:

60 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre ata completar a capacidade da sala

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

Pensamento e acción política (2000), O sindicalismo nacionalista galego, 1972-1982 (2003), Obreiros alén mar. Mariñeiros, fogoneiros e anarquistas galegos en New York (2006), A Nosa Terra, xornalismo e nacionalismo político (2008), Anarquistas galegos en América, Premio da Crítica de Galicia na categoría de Investigación 2020 (Galaxia, 2019) e Estendendo a rebelión. Sindicalistas marítimos galegos na América atlántica (Premio Manuel Murguía de Ensaio, 2021), así como unha manchea de traballos en obras de carácter colectivo e artigos en revistas especializadas.

Que lectura debemos facer hoxe do pensamento político de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao? O primeiro que habería que trasladar é que estamos, seguramente, ante un exemplo excepcional para a comprensión axeitada das idas e voltas que se teñen enramado para a construción da identidade nacional de Galiza. Castelao personifica, dalgún xeito, a vontade por enfiar a realidade histórica do seu presente coa liña histórica que vertebra este país dende que os seus habitantes tiveron conciencia de seu. Esa vertente historicista está absolutamente presente no discurso político que vai armando ao longo da súa vida. A idea da continuidade no tempo dunha comunidade determinada é absolutamente relevante. Por iso Castelao é nacionalista. Inequivocamente nacionalista.

Pero ademais, Castelao é un patriota. Todo o seu pensamento, as súas capacidades, mesmo as súas fraquezas, non se poden entender se non temos en conta que o seu único centro de atención é Galiza. Un patriota, pero dun patriotismo que se remite permanentemente á democracia e á república (entendidas en sentido amplo) como valores esenciais. Porque tanto unha como a outra só teñen sentido, no seu pensamento, se se identifican co pobo. Para Castelao, a emancipación do individuo só atopa o verdadeiro sentido cando se xunta cos elementos do popular e coa tradición dos antigos reinos, cando constrúe verdadeira comunidade.

Esta conferencia, como todas as actividades de "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto. O programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión