Concello da Coruña

Concello da Coruña
As motoserras cantan

CHAINSAWS WERE SINGING (As motoserras cantan) de Sander Maran

Lóstrego - Festival de Cinema Fantástico

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/09/2026

Horario:

20.00 h

Duración:

117 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Rógase puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante a mesma
  • Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e luz molestan o público asistente
  • As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión
  • Os coches e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións
  • Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas das películas
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade

Páxina web:

https://www.lostregofestival.com/es/2026-programacion/

CHAINSAWS WERE SINGING (As motoserras cantan) de Sander Maran

Con Karl Ilves, Laura Niils

Estonia 2024

117 minutos

Descrito polos seus creadores como se os Monty Python dirixisen un cruzamento entre A matanza de Texas e Os miserables, este retranqueiro filme estoniano segue os disparatados esforzos dun home por liberar a muller que ama das poutas dun maníaco con motoserra. Con tanto sangue como risas e cancións, este debut conquistou o Festival de Haapsalu, levándose o premio á Mellor Película de Xénero e o Premio do Público.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión