Concello da Coruña

Concello da Coruña
Vortex marzo 2025

Concerto de música electrónica Modulartec-Vortex

O Planetario da Casa das Ciencias acollerá a sesión Inverno do ciclo Modulartec-Vortex de música electrónica

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/03/2025

Xa rematou

Inscricións:

APRAZADO Ao SÁBADO 15 DE MARZO

Estado do evento:

Cambio de hora o fecha

Horario:

Ás 21 horas do 8 de marzo. APRAZADO Ao 15 DE MARZO

Importante: unha vez iniciada a actuación non se poderá acceder á sala

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

10 euros

Organiza:

Modulartec-Vortex é unha homenaxe ás sesións experimentais que naceron en 1959 no Morrison Planetarium de San Francisco, e que continua coas sesións inicadas no ano 2018 no Planetario da Casa das Ciencias, potenciadas recentemente polos novos proxectores dixitais que permiten a creación de visuais en tempo real.

A primeira sesión deste novo ciclo estacional terá como protagonista ao dj Fatfish, acompañado de Javier Díaz coas visuais.

Fatfish, @fatfishingram, é un coleccionista de vinilos e selector, con máis de 30 anos na escena como dj e promotor. Foi responsable de Discorder, mítica tenda de Madrid de música electrónica e de vangarda, e destaca por ser habitual de clubs nacionais e internacionaales, así como en festivais de prestixio.

Javier Díaz, @javiziontifik, é un artista madrileño multidisciplinar residente na Coruña. Acumula case 20 anos dedicados á contorna audiovisual traballando para marcas de publicidade e innumerables vídeos musicais desde o seu selo e colectivo Ziontifik, onde traballou con artistas como Dano, Elio Toffana, C. Boureo, Rels B, Nathy Peluso, Dellafuente ó Natos & Waor. Actualmente está preparnado a súa primeira longametraxe documental xunto a Chirie Veigas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión