Sesión de música electrónica no Planetario da Casa das Ciencias
Para público en xeral
19/07/2025
Xa rematou
Ás 21.00 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
10 euros
Venda de entradas a partir das 12.00 horas do luns 14 de xullo nesta ligazón
O Planetario da Casa das Ciencias acolle o sábado 19 de xullo a sesión de verán do ciclo Modulartec-Vortex, unha experiencia inmersiva que combina a música electrónica coa proxección de imaxes sobre a cúpula do planetario.
A música e os visuais desta sesión serán ofrecidos por Focuz, cun proxecto inmersivo que reinterpreta o cinema a través do son. Mediante a manipulación de imaxes e a construción de paisaxes sonoras a partir de sampling, xérase unha experiencia onde a música guía a narrativa visual, creando unha linguaxe híbrida entre ambos os mundos.
As entradas, que custan 10 euros, pódense mercar dende as 12.00 h do luns 14 de xullo nesta ligazón.