Sesión de música electrónica no Planetario da Casa das Ciencias
Para público en xeral
21/06/2025
Xa rematou
Ás 21.00 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
10 euros
Venda de entradas a partir das 12.00 horas do venres 13 de xuño, nesta ligazón
O Planetario da Casa das Ciencias acolle o sábado 21 de xuño a sesión de primavera do ciclo Modulartec-Vortex, unha experiencia inmersiva que combina a música electrónica coa proxección de imaxes sobre a cúpula do planetario.
Música de Paula Pin (aka Jellypin), artista e investigadora transfeminista, en cuxo universo sonoro os sintetizadores DIY/DIWO lles dan vida a experiencias inmersivas que nos transportan a un espazo sonoro en constante transformación. A elasticidade do ruído permítelle a Jellypin crear paisaxes sonoras que se expanden, se contraen e se transforman continuamente, mentres desafían as nocións tradicionais de estrutura e forma musical.
A parte visual ofreceraa MIL111, un dúo artístico fundado polos artistas Iria del Bosque e Borja Bernárdez. O seu traballo sitúase no campo do new media art e reflexiona sobre os procesos emocionais e cognitivos do ser humano desde unha perspectiva metafísica evolutiva. A través de diferentes propostas formais e do uso da luz, o espazo e o son, buscan reflexionar sobre a conciencia do ser, a súa existencia no mundo e as múltiples formas en que o ser humano enche os baleiros existenciais.
As entradas, que custan 10 euros, poden comprarse desde as 12.00 h do venres 13 de xuño, nesta ligazón.