Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
Planetario

Conferencia sobre o 100 aniversario dos planetarios

Será ofrecida polo astrofísico Fernando Jáuregui, responsable durante 32 anos de Educación e Pedagoxía no Plamplonetario

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/05/2025

Xa rematou

Horario:

Ás 19.30 horas

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

Entrada libre, ata completar a capacidade da sala

O pasado 7 de maio cumpríronse 100 anos da inauguración do primeiro planetario de proxección do mundo no Deutsches Museum de Múnic. Para a ocasión, utilizaron un planetario analóxico Zeiss Modelo 1, que pode considerarse o «avó» do planetario Zeiss ZKP2 que alberga a cúpula da Casa das Ciencias.

Desde aquela inauguración en 1925, abriron máis de 4.000 planetarios por todo o planeta, que na actualidade se adoitan complementar con planetarios dixitais que permiten novas experiencias inmersivas no universo.

Para conmemorar o primeiro século de vida dos planetarios, a Casa das Ciencias organiza unha charla o vindeiro venres 16 de maio, ás 19.30 horas, a cargo do astrofísico Fernando Jáuregui, responsable durante 32 anos de Educación e Pedagoxía no Planetario de Pamplona. Jáuregui mostrará os valores dos planetarios analóxicos e tamén as novidades que achegan os sistemas dixitais, para transportar ao público todo o máis profundo da noite estrelada e unha viaxe polo cosmos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en