A hermafrodita dacabalo non é ningunha guerreira, é unha amante.
Para público en xeral
15/05/2025
Xa rematou
19.15 h
70 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Como todas as actividades do programa "Agra no Ágora", este concerto é de acceso libre e gratuíto. O programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Unha amante capaz de recrutar corpos ata agora impensables e, por tanto, imposibles de desexar. Unha amante capaz de recrutar unha horda de anatomías intersex cunha misión: revolucionar a idea mesma de orde social e transformala.
Con ferramentas do teatro documental, a performance, o conto de ciencia ficción e o freak show, Hermafroditas a caballo o la rebelión del deseo, fala da vivencia das intersexualidades en primeira persoa e propón a fundación dunha nova orde afastada dos esquemas rixidamente duais que herdamos.
Hermafroditas a caballo o la rebelión del deseo é un conto ás veces inquietante e ás veces estridente, sempre emocionante, que rastrexa a evolución do mito do hermafrodita desde a lenda arcaica ata as persoas que a encarnan na actualidade, e que explica como cambia a historia cando nos facemos as narradoras de nosa propia diferenza.
Como activistas e artistas intersex, usamos a palabra hermafrodita e resignifícana facendo non só unha aposta escénica, senón tamén política: identificámonos coa palabra, celebrámola e querémola encher de beleza. Non somos os primeiros que o facemos, xa se fixo nos 90 nos primeiros activismos intersex de EEUU.
O Colectivo Que No Salga De Aquí está formado por Laura Vila Kremer, Raquel Loscos e Víctor Ramírez Tur; unha activista intersex e profesional das artes escénicas, unha dramaturga cunha longa traxectoria en proxectos de creación, e unha historiadora da arte en permanente investigación sobre a performatividade, unidas artisticamente para crear a redor das intersexualidades.
VENDA DE ENTRADAS
As entradas poderanse adquirir a partir do venres anterior a cada espectáculo.
www.ataquilla.com
Despacho da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h.
Despacho de billetes do Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles).
PAGOS: no despacho de billetes da praza de Ourense, na do Ágora e na venda en liña con tarxeta de débito ou crédito, excepto American Express.
MÁIS INFORMACIÓN: www.coruna.gal/cultura