Concello da Coruña

Concello da Coruña
Criaturas 21.02.2026

Criaturas de Roberto Vidal Bolaño

Criaturas, de Roberto Vidal Bolaño, é unha peza que explora o concepto do monstro como reflexo deformado da humanidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/02/2026

Horario:

20.15 h

Duración:

75 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6,00 €.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Deimos Teatro

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

A obra parte do mito prometeico para poñer o foco nas creacións modernas, nos "monstros" que xorden cando o ser humano afástase da súa esencia. A través dunha combinación de humor, tensión e elementos simbólicos, a peza propón unha mirada crítica á normalidade cotiá e ao que escondemos baixo as aparencias.

Compañía Deimos Teatro

Dirección: Laura Pereira Rodríguez

Elenco: Anxo Javier Rodríguez Vidal, Virxel Fiéitez García, Alba María Martínez Otero, Sara Viéitez García, Laura Pereira Rodríguez, Denis A. Socpa Gómez, Pedro Fernández Lago, Emilio Bonome Ares

Duración: 75 min

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes de Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión