
Xornada de portas abertas o 23 de maio na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae
Para público en xeral
23/05/2026
Das 10.00 ás 19.00 horas.
Último acceso no Aquarium ás 18.00 horas.
Último acceso na Casa das Ciencias e Domus, ás 18.30 horas.
Gratis
Para visitar o Aquarium hai que reservar entradas, o que se pode facer cun máximo de 3 días de antelación aquí
Para asisitir a unha sesión de Planetario na Casa das Ciencias hai que reservar entradas, o que se pode facer a partir das 9.00 horas do 22 de maio aquí
Para acceder ao espazo MIniDomus hai que reservar entradas, dispoñibles dende as 9.00 horas do mércores 20 de maio aquí
Os Museos Científicos Coruñeses celebran o Día dos Museos con xornada de portas abertas o 23 de maio.
Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que se poderá realizar a partir das 9.00 horas do mércores 20 de maio nesta ligazón. Para lles facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva.
A visita ás salas de exposicións da Casa das Ciencias será libre, pero para asistir a unha sesión de Planetario haberá que reservar entradas, a partir das 9.00 horas do 22 de maio nesta ligazón.
Haberá as seguintes sesións de planetario:
Na Domus a entrada nesta xornada será libre, sen reserva previa, pero para acceder ao espazo MIniDomus hai que reservar entradas, cun máximo de 3 dias de antelación nesta ligazón.