Xornada de portas abertas o 24 de maio na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae
Para público en xeral
24/05/2025
Xa rematou
Das 10.00 ás 19.00 horas
Último acceso no Aquarium ás 18.00 horas
Último acceso na Casa das Ciencias e na Domus, ás 18.30 horas
Os Museos Científicos Coruñeses celebran o Día dos Museos con xornada de portas abertas o 24 de maio.
Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que se poderá realizar cun máximo de 3 días de antelación nesta ligazón. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva.
A visita ás salas de exposicións da Casa das Ciencias será libre, pero para asistir a unha sesión de Planetario haberá que reservar entradas, cun día de antelación, nesta ligazón.
Haberá as seguintes sesións de planetario:
Na Domus a entrada nesta xornada será libre, sen reserva previa.
Concerto no Aquarium
A celebración do Día dos Museos completarase no Aquarium Finisterrae cun concerto que se ofrece a través da Asociación Cultural Tres por Catro, e no que participa o grupo EntrElas, formado exclusivamente por voces femininas que cantan a capela a súa particular versión de temas actuais e atemporais.
Será ás 17.00 horas do 24 de maio e para asistir é necesario reservar as entradas do Aquarium Finisterrae para esa franxa horaria.