
A Filmoteca de Galicia presenta a súa programación para o mes de maio
Para público en xeral
Dende o 02/05/2025 ata o 31/05/2025
Xa rematou
As sesións de entrada gratuíta (ata completar a capacidade da sala) notificaranse no programa.
A venda de entradas comeza 20 minutos antes de comezar as proxeccións (non se venden entradas anticipadamente)
Só se venderán un máximo de 2 entradas por persoa.
Filmoteca de Galicia
filmotecadegalicia@xunta.gal
A Filmoteca de Galicia presenta a súa programación para o mes de maio 2025 que continúa coa 8.ª parte do ciclo "Close Up: cinema e perspectiva de xénero" e co ciclo dedicado ao artista e director de cinema David Lynch e presenta un ciclo polo centenario de Marcello Mastroianni, outro dedicado ao director estadounidense Monte Hellman e outro ao guionista e director Raúl Veiga. Todo isto xunto aos títulos integrados nas habituais seccións "Fóra de serie", "Off Galicia", "Materiais para unha historia do cine en Galicia" e "Filmoteca Jr.".
Información xeral
Todas as proxeccións son en versión orixinal, excepto indicación contraria.
A duración das películas é orientativa e aproximada.
Esta programación pode verse alterada por razóns alleas á vontade da organización.
Unha vez comezada a proxección non se permitirá a entrada á sala José Seller.