"O alcalde de Rione Sanitá" adapta a obra de teatro homónima de Eduardo De Filippo, que o propio director, Mario Martone, xa levara aos escenarios en 2017 co mesmo grupo de actores que participan no filme.
Para público en xeral
Os días 27/06/2024, 28/06/2024, 29/06/2024
Xa rematou
Xoves ás 20.00 h
Venres ás 20.00 h
Sábado ás 17.30 e 20.00 h
118 minutos
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 3,00 €
Descontos:
Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €
Sesión das persoas espectadoras: sábados ás 17.30 h, con prezo único de 1,50 €
** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar a proxección deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar a proxección con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual das proxeccións programadas.
• Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.gal
Con Francesco Di Leva e Massimiliano Gallo
Italia 2019
118 minutos - VOSE
A película narra a historia de don Antonio Barracano, considerado o alcalde do barrio napolitano de Sanità, quen imparte xustiza respondendo ás demandas da súa veciñanza, seguindo o seu propio criterio e impoñendo unha lei salomónica. Cando recibe a visita dun mozo que afirma querer asasinar o seu pai, don Antonio verase obrigado a interceder para evitar a traxedia.
Ligazón ao tráiler: https://youtu.be/f_KGExIYpkM
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades