Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
Canino

"Kynodontas" (Canino), de Yorgos Lanthimos

Ciclo Universo Lanthimos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 17/01/2025, 18/01/2025

Xa rematou

Horario:

Venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Duración:

94 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos:

Carné Xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Sesión das persoas espectadoras: sábados ás 17.30 h, con prezo único de 1,50 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección..
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con Christos Stergioglou e Michelle Valley

Grecia 2009

94 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 18 anos

Unha familia (pai, nai e tres fillos) vive nos arredores da cidade nunha casa rodeada por un alto muro. Os nenos, por decisión dos seus pais, nunca saíron da casa nin tiveron contacto co mundo exterior. A súa educación, as súas afeccións, xogos etc... axústanse ao modelo imposto polos pais. A única persoa con permiso para entrar na casa e romper o seu férreo illamento é Christina, garda de seguridade na fábrica do pai.

2009: Festival de Cannes: Premio "Unha certa mirada"

Ligazón ao tráiler: https://youtu.be/VQT8LCohdUk

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho do Fórum: unicamente os días de proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en