Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
A paixón de Juana de Arco xullo 2025

"La passion de Jeanne d'Arc" (A paixón de Juana de Arco), de Carl Theodor Dreyer

CINENTERRAZA-Cult-movies 2025

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/07/2025

Xa rematou

Horario:

22.30 h

Duración:

110 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

** Para aplicar os descontos, é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con María Falconetti e Eugene Silvain

Francia, 1928

110 minutos-VOSE

Non recomendada para menores de 13 anos

Durante a Guerra dos Cen Anos entre Francia e Inglaterra, Juana de Arco, despois de liderar as tropas francesas, é acusada de bruxería e, tras un xuízo lendario, é condenada a morrer na fogueira.

Obra capital da historia do cinema, a película de Dreyer contén os que quizais sexan os primeiros planos máis fermosos da historia do cinema, grazas en gran parte a Maria Falconetti, que co seu patetismo transmite todo o despropósito do fanatismo relixioso.

Invitada: Carmen Blanco Sanjurjo

Licenciada en Dereito e propietaria da Taberna de Caaaveiro, situada no famoso mosteiro. Actriz e dramaturga, Gorriones y alcones é a súa primeira incursión na novela histórica: todo un fenómeno editorial que xa leva 5 edicións nun curtísimo espazo de tempo.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días de proxección, dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en