Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
O silencio do mar xullo 2025

"Le silence de la mer" (O silencio do mar), de Jean-Pierre Melville

CINENTERRAZA-Cult-movies 2025

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/07/2025

Xa rematou

Horario:

22.30 h

Duración:

83 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove + 65 de anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

** Para que se apliquen os descontos, é imprescindible presentar o documento que os acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con Howard Vernon e Jean-Marie Robain

Francia, 1949

83 minutos-VOSE

Apta para todos os públicos

Durante a segunda guerra mundial, nas entrañas da Francia colaboracionista, unha familia é obrigada a convivir cun oficial nazi e isto desata toda unha serie de tensións cada vez máis insospeitadas.

A ópera prima do gran mestre do cine negro, Melville, é un auténtico tratado das paixóns humanas. O cineasta nunca escolle o camiño sinxelo e, a través de tres personaxes (o oficial nazi, un ancián e a súa sobriña) elabora un monumento sobre as relacións humanas e os vínculos de odio e afecto que se poden crear nun contorno asfixiante e demoledor.

Invitado: Pablo Fontenla

20 anos vinculado ao sector audiovisual: traballou como director de fotografía, produtor e realizador para cine e TV. No 2017, funda Luou Citu Producións. Seleccionado varias veces para os premios da Academia Galega do Audiovisual. En 2021, a revista Forbes incluíuno na lista das 50 persoas con máis talento do panorama nacional.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días de proxección, dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venta no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en