Concello da Coruña

Concello da Coruña

MANÁ "México lindo y querido Tour España 2024"

MANÁ VOLVE A GALICIA EN 2024! Despois de 6 anos de espera, a banda mexicana chega á Coruña con “México lindo y querido Tour España” interpretando todos os seus éxitos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/06/2024

Xa rematou

Horario:

22.00 h

Apertura de portas ás 20.00 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

  • Golden Ring: 110,00 €
  • Pista xeral: 75,00 €
  • Tendido baixo: 85,00 €
  • Tendido baixo lateral: 70,00 €
  • Tendido medio: 80,00 €
  • Tendido alto: 70,00 €
  • Anfiteatro: 60,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

  • A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.
  • No momento da compra das entradas débese indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas que vaian asistir tal e como figuran nos seus DNI.
  • Para poder acceder ao Coliseum, o/a titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.
  • No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as persoas acompañantes deberá indicar os seus propios nas entradas destinadas aos/ás ditos/as acompañantes, e estará obrigado/a a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todas/os elas/eles deberanse identificar como integrantes do mesmo grupo.
  • Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.

Páxina web:

https://www.mana.com.mx/

Organiza:

Sweet Nocturna, SL

Documentos:

Mana---Autorizacion-de-acceso-para-menores-de-16-anos.pdf (88 KB)

MANÁ visitará Galicia en 2024 dentro da súa xira mundial MÉXICO LINDO Y QUERIDO TOUR.

Un concerto de máis de dúas horas con única data o 27 de xuño no Coliseum da Coruña, dedicado a repasar todos os seus éxitos e que trae de volta a banda ao noso país despois de seis anos.

Considerado o grupo de rock en español máis influente do mundo e un dos nomes latinos máis importantes de todos os tempos, MANÁ leva case 40 anos transcendendo xeracións coa súa música, tal e como demostra unha vez máis con MÉXICO LINDO Y QUERIDO TOUR. Un reencontro coa forza e a maxia dos seus directos e cos seus temas máis icónicos e populares, como "Oye mi amor", "Rayando el sol", "Clavado en un bar", "En el muelle de San Blas", "Amor clandestino", "Mariposa traicionera", "Vivir sin aire" ou "Labios compartidos", entre moitos outros.

MÉXICO LINDO Y QUERIDO TOUR está actualmente acabando de percorrer os Estados Unidos e pechará o ano con 38 datas coas entradas esgotadas, onde se inclúe a súa residencia en Los Ángeles (California), que vendeu máis de 240.000 entradas e esgotou 16 datas. Maná arrincará o 2024 coa súa xira en Latinoamérica, antes de chegar a España, visitando Paraguai, Arxentina, Chile, México, Colombia, Perú, Ecuador e Guatemala.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente o día do concerto.
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión