Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
Domus

Novos avances da nanotecnoloxía magnética 

Conferencia de Verónica Salgueiriño, catedrática de Física Aplicada e investigadora no centro CINBIO da Universidade de Vigo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/03/2025

Xa rematou

Horario:

Ás 19.00 horas

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Organiza:

Os materiais magnéticos a escala nanométrica espertaron un grande interese debido ás súas propiedades únicas, que os fan altamente versátiles para diversas aplicacións tecnolóxicas. No ámbito da saúde, estes nanomateriais demostraron un gran potencial en áreas como a terapia magnética, a administración dirixida de fármacos, a hipertermia para o tratamento do cancro e a obtención de imaxes biomédicas avanzadas. A súa capacidade para responder a campos magnéticos externos de maneira controlada permite desenvolver tratamentos máis eficientes e menos invasivos.

Nesta charla Verónica Salgueiriño repasará as liñas de investigación e os avances recentes na síntese, caracterización e aplicacións biomédicas dos nanomateriais magnéticos, destacando os desafíos e perspectivas na súa integración na medicina moderna.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en