Concello da Coruña

Concello da Coruña
O milagre de Santa Eulalia 2025

O milagre de Santa Eulalia - Grupo de Teatro Ave Fénix

Inspirada en Nessuno paga qui, de Darío Fo

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/11/2025

Xa rematou

Horario:

19.00 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar o aforamento da sala

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Casa de Castela a Mancha da Coruña

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Antonia e Margarita, amigas e veciñas, aproveitando unha revolta popular feminina, rouban mercadoría nun supermercado, roubo que teñen que ocultar aos "seus honrados maridos", dous sufridos obreiros dunha fábrica que se enfrontan a unha crise económica: os prezos dispáranse mentres os salarios baixan.

Obra aceda e crítica coa situación da Italia dos anos 80, extrapolable a calquera sociedade europea daquela época.

O GRUPO:

É larga a tradición teatral da Casa de Castela a Mancha da Coruña. O actual grupo O AVE FÉNIX, non é senón o herdeiro dos CIGARRALES, de longa traxectoria e alta calidade artística. A singradura do AVE FÉNIX arrinca en 2016 a raíz da montaxe de Don Juan Tenorio, no Teatro Colón. Desde entón puxo en escena O Labrador de máis aire, 2017, Os descendentes malditos de Tántalo, 2018, Antígona ante vos xuíces, 2018, Asemblea de Mulleres, 2019.

Tras dous anos de peche pola pandemia, representou A Plasmatoria, e O cadáver do señor García, 2022, As Troyanas e Os ladróns somos xente honrada, 2023. Cultivou diversos premios entre os que destaca o PRIMEIRO premio, á obra, ao mellor actor e á mellor actriz en Asemblea de Mulleres, na XV Mostra de Teatro "Lugrís Freire" do Concellode Sada . En 2024 levou a escena Pesadelo nos Ancares (Inspirada na rateira, de Ágatha Christie) e Os Pelópidas, de J. Llopis.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión