Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
Bos días xullo 2025

"Ohayo" (Bos días), de Yasujirö Ozu

CINENTERRAZA - Cult-movies 2025

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/07/2025

Horario:

22.30 h

Duración:

94 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con Chishu Ryu e Kujiko Miyake

Xapón 1959

94 minutos - VOSE

Apta para todos os públicos

A vida cotiá dunha familia no Xapón dos anos 50 a través de dous nenos. Un aparello de TV convértese en obxecto de desexo dos irmáns mentres lidan cos estudos e os seus pais co traballo e a administración doméstica.

Obra mestra (unha máis) de Yasujiro Ozu. De novo, un tratado de humanidade percorrido por un leve humorismo e con menos dose de traxedia que noutros títulos do cineasta. A vida fluíndo, nada máis. Nada menos.

Convidado: Juanillo Esteban

Hai 40 anos montou o seu primeiro grupo de rock e segue creando música e letras. É cómico e traballou en teatro infantil, para persoas adultas, na rúa, cabaré, musicais, circo, monólogos, televisión, cinema... aínda que a actividade artística que mellor se lle dá é soñar esperto.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días de proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en