O desenvolvemento da actividade estará suxeita ás condicións meteorolóxicas.
Para público en xeral
06/06/2025
Xa rematou
Castro de Elviña. Camiño das Penas da Agrela 7-17. 15008 A Coruña
Actividade gratuíta, sen inscrición previa e por orde de chegada, ata completar a capacidade.
Agrupación Astronómica Coruñesa ÍO
"On the moon again" é un evento mundial, que conmemora a chegada do home á Lúa.
Nesta ocasión celebrarémolo no castro de Elviña, grazas á Agrupación Astronómica Coruñesa ÍO. Das 19.00 ás 22.00 horas, as persoas asistentes poderán vivir a observación e o coñecemento da Lúa, así como a súa conexión coa ciencia e a exploración planetaria.
Todo isto, nunha xornada na que o equipo da Agrupación Astronómica ÍO lles facilitará telescopios ás persoas participantes, nun evento que terá lugar na explanada do xacemento do castro de Elviña.
Entidades