
Concerto de música de cámara organizado pola Sociedad Fialrmónica de A Couña
Para público en xeral
16/12/2025
20.00 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
20'00 € (menores de 25 anos: 5'00 €)
Foi fundada no ano 1995 polo seu director-concertino, Rogelio Groba Otero.Durante os 30 anos de traxectoria artística, a Orquestra de Cámara Galega cumpre cun ambicioso plan de difusión, incluíndo repertorios novos e creación de novos públicos. A súa excelencia interpretativa permítelle abarcar un amplo repertorio, desde o barroco ata os nosos días, asumindo o compromiso de dar a coñecer a música de compositores galegos , cunha especial mención á obra do compositor Rogelio Groba Groba, quen é a súa principal ferramenta de difusión.A Orquestra de Cámara Galega colabora con solistas de prestixio internacional como Teresa Berganza, Ara Malikian, Juan de Udaeta, José Ramón Méndez, José Núñez, José Luis Estellés, entre outros. Asímismo, é a orquestra residente do "Festival Groba", celebrado anualmente en Ponteareas (España) e polo que pasaron notables artistas como os violinistas Guy Braunstein, Oyvind Gimse, Clara Yumi Kang, Jin Joo Le , Guillermo Figueroa, o flautista André Cebrián, Adriana Ferreira ou Jasmine Choi, o trompista David Fernández, trompetistas como Pacho Flores e Esteban Batallán, pianistas como Sunwook Kim ou Federico Colli ou chelistas como Kyril Zlotnikov o Anastasia Kobekina entre moitos outros.A OCGA ofrece concertos nas principais salas españolas, destacando o Auditorio Reina Sofía de Madrid, Palau da Música de Barcelona, Sala Mozart do Auditorio de Zaragoza, Teatro da Real Maestranza de Sevilla, Teatro Jovellanos de Xixón, Palacio da Ópera da Coruña ou Auditorio de Galicia. A través das súas numerosas xiras actúan en Viena no" Spanien Modern Musikfestival", Nova York no Merkin Hall da Fundación Kaufman, Buenos Aires no Teatro Metropolitan e Holanda, nas cidades de Utrech, Dean bosh, Amsterdam, Middleburg e De Doelen Auditorium de Róterdan, así como Italia, no Pazo Ducale de Xénova.Durante 4 anos, participa do ciclo Atardecer do Gaiás de Santiago de Compostela, cun formato orixinal e gran éxito de publico. Ademais dos habituais concertos por territorio galego, mereceser resaltada a súa colaboración en clausura do XXV Festival Internacional de Música de Vila Nova de Gaia coa gran Elisabeta Matos, a produción da ópera A Traviata en Forteventura e a produción multidisciplinar con teatro e danza Don Juan no inferno, para o Teatro Colón na súa cita anual do 31 de outubro. Colabora asiduamente coa Fundación Barrié da Coruña e a Fundación Niemeyer, en Avilés.Unha das súas principais dedicacións, é a difusión de obra musical a través da gravación dos seus dez discos, así como rexistros en directo para TVE, RTVG e Radio Clásica. Cabe destacar o seu primeiro disco con música de Rakov, Elgar, Groba e Groba Otero, cualificado con 5 estrelas pola revista Amadeus; un monográfico do compositor R. Groba no selo Autor; dobre CD editado polo Centro de Documentación Musical da Junta de Andalucía co selo Alma Vivo coa primeira gravación mundial da ópera Don Quixote, no Teatro da Maestranza de Sevilla; recompilatorios de música de Rogelio Groba para libro-discos editados por Edicións Xeráis ("Meditacións en branco e negro") e por Editorial Galaxia ("Diabolus in musica"); monográfico da obra romántico - jazzística do pianista, compositor e escritor, Quinito Mourelle, arranxado polo saxofonista e clarinetista Roberto Somoza; a primeira gravación mundial da obra " Polas rúas de Ponteareas" e " As rúas do vento ceibe", de R. Groba, en colaboración co Coro de Cámara de Pamplona, estrea mundial da Cantata inspirada no poema homónimo do poeta lucense Manuel María.No ano 2020 a Fundación Rogelio Groba edita dous discos máis. De novo co Coro de Cámara de Pamplona interpretando a cantata para coro e orquestra "Rosalía na Catedral" e o último, rexistro do concerto homenaxe celebrado con motivo do 90 aniversario do mestre Groba no Teatro Colón da Coruña.Durante o ano 2021 retoma os seus compromisos e realiza unha xira polas principais cidades galegas así como en diversos espazos galegos na Xira Xacobea 2021 financiada pola Fundación Rogelio Groba en convenio coa Xunta de Galicia ou concertos organizados pola Deputación de Pontevedra ou como orquestra residente no Festival Groba e na Sociedade Filarmónica da Coruña.Ademáis dos seus compromisos anuais, durante o ano 2022 leva a cabo o ciclo Xacobeo en Cámara, patrocinado pola Fundación "la Caixa" a través da Xunta de Galicia. No ano 2025 continua sendo a orquestra residente da XIII edición do Festival Groba, así como na Sociedade Filarmónica da Coruña e no IV ciclo Noites na Cidade Vella.
Venda de entradas:
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do teatro, dende as 16.00 h do día do concerto