Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
Pedro Herrero El artivista

Pedro Herrero: "El artivista"

"Born to be Guay" é a historia do eterno Peter Pan, extraviado e sen rumbo que, en plena madurez, tenta subir ao tren dos novos tempos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/01/2025

Xa rematou

Horario:

21.30 h

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

14.00 €

Requisitos:

Normas de acceso ao recinto: todo o público debe acceder con entrada, independentemente da súa idade ou se ocupa butaca. Non se permiten cambios nin devolucións de entradas. Prohibido entrar con comida ou bebida, salvo auga. Non se permite tomar fotos nin gravar sen autorización. Unha vez iniciado o concerto, non se permitirá o acceso á sala.

Pedro Herrero é o "antimainstream". O inadaptado que non encaixa nunha cidade que xa non hai quen a entenda. Un show unipersoal de humor a guitarra, ukelele e voz, axudado de proxeccións, loops e efectos de son recreados no propio directo.

Un exercicio de comedia retrospectiva, de celebración dese "estar de volta sen ir a ningures", con monólogos interactivos e cancións hilarantes, onde unha vez máis, só importa... o importante. Rirse de todo a través de un mesmo.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Ágora: unicamente o día do espectáculo dende 1 h antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en