Os irmáns Lucía e Joaquín Galán chegan a España para celebrar por partida dobre 40 anos de carreira artística e da estrea no noso país do seu tema icónico: “Olvídame y pega la vuelta”, incluído no seu álbum Pimpinela.
Para público en xeral
29/09/2023
Xa rematou
21.00 h
Palacio da Ópera da Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña
60,00 € / 55,00 € / 50,00 € / 45,00 € / 40,00 € segundo a zona
Pimpinela celebra máis de 40 anos dunha brillante traxectoria artística. Uns artistas para toda a familia que transcenden xeracións e chegan a públicos de todas as idades. Contan con máis de 30 millóns de discos vendidos en todo o mundo.
Máis de 4.000 concertos en toda Hispanoamérica, desde o Luna Park de Buenos Aires, ata o Teatro Lope de Vega de Madrid, pasando polo Radio City Music Hall e o Madison Square Garden de Nova York. Son unha icona da música popular mundial e considéranse hoxe artistas de culto polo público, os medios e colegas.
Pimpinela pecha en 2022 un ciclo brillante da súa carreira tras recibir o premio Grammy á Excelencia Musical, e percorrer toda América co seu Concerto "40 ANIVERSARIO" que agora chega a España cos seus grandes éxitos e as súas novas cancións.
O Concerto 40 Aniversario
Clásicos da música popular, desde o icónico "Olvídame y pega la vuelta", seguidos por "A esa", "Valiente", "Por ese hombre", "Dímelo delante de ella", "Hermanos", "El amor no se puede olvidar" ou "La familia" entre tantos outros, serán coreados por un público de todas as idades e estratos sociais que os segue de xeración en xeración e que converte os seus concertos en verdadeiras festas onde a emoción, a alegría e o pranto conmove e identifica.
O concerto inclúe novos éxitos como "Traición" con máis de 50 millóns de reproducións en YouTube, "Cuando lo veo" ou "El año en el que se detuvo el tiempo" en homenaxe ás vítimas da pandemia.
VENDA DE LOCALIDADES