Sabías que Rosalía de Castro foi pioneira no que hoxe chamamos crowdfunding? Descubre esta e outras fascinantes historias do noso patrimonio literario nunha tarde que combina cultura e teatro.
Persoas adultas
05/06/2025
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
De 19.30 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
981184392
Achégate a coñecer o proxecto A Coruña Literaria, que pon en valor todo o patrimonio literario da nosa cidade. Todo o que A Coruña ten feito arredor do libro e a lectura ao longo dos séculos.
Durante o evento tamén gozarás dunha representación teatral a cargo do Club de Teatro María Casares, que dará vida á curiosa historia da suscrición popular que se publicou no século XIX para conseguir cartos e editar "Follas Novas" de Rosalía de Castro. O que hoxe chamaríamos o primeiro "crowdfunding" da historia converterase nunha emocionante escena teatral.
A Coruña Literaria é un proxecto da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que traballa para recuperar e poñer luz sobre a nosa memoria literaria.
Tamén che pode interesar