Concello da Coruña

Concello da Coruña

Imaxe de portada cortesía de Xanfuco

Programa de Lecer do Fórum Primavera 2023

Arte, literatura, cine, fotografía, novas tecnoloxias, cociña, memoria, creatividade…

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/01/2023 ata o 25/01/2023

● Pagamento dos OBRADOIROS DE CONTINUIDADE: 9 (a partir das 9.00 h), 10 e 11 (ata ás 20.00 h) de xaneiro.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/01/2023

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Documentos:

PROGRAMA-FORUM-2023-PRIMAVERA-3.pdf (1 MB)

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS OBRADOIROS DO PROGRAMA DE LECER, CALENDARIO DE INSCRICIÓN E PAGAMENTO

● Pagamento dos OBRADOIROS DE CONTINUIDADE: 9 (a partir das 9.00 h), 10 e 11 (ata ás 20.00 h) de xaneiro.

NOVOS OBRADOIROS E NOVAS PERSOAS

Preinscrición: 9 (a partir das 9.00 h), 10 e 11 (ata ás 20.00 h) de xaneiro.Todas as inscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas.

● Publicación das listaxes de preinscrición: o 12 de xaneiro, ás 12.00 h, na páxina web municipal (/www.coruna.gal), na de Cultura (www.coruna.gal/cultura) e no servizo telefónico 010.

● Prazo de reclamacións sobre as listaxes de preinscrición: 12 e 13 de xaneiro, a través do correo electrónico a forumagora@serviplus.org ou do teléfono 604 870 581.

● Sorteo público: o luns 16 de xaneiro, ás 10.00 h, na conserxería do Ágora.

● Publicación das listaxes de prazas adxudicadas e das listaxes de agarda: o xoves 19 de xaneiro ás 9.00 h, na páxina web municipal e na de Cultura e no servizo telefónico 010.

● Pagamento da cota: os días 19, 20 e 21 de xaneiro.

● Adxudicación das prazas vacantes nos obradoiros sen listaxe de agarda: a partir do luns 23 de xaneiro volverá abrirse o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase o aboamento do mesmo xeito que o resto, ata o 30 de xaneiro.

● Adxudicación de prazas nos obradoiros con listaxes de agarda: contactaremos telefonicamente coas persoas das listaxes de agarda para confirmar que continúan interesadas en inscribirse nos obradoiros que solicitaran. Nunha primeira volta: o día 23 de xaneiro; e a segunda volta: o día 25 de xaneiro.

Realizaranse tres intentos de contacto telefónico a diferentes horas do mesmo día. De non se conseguir a comunicación, pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.

● Pagamento das prazas adxudicadas das listaxes de agrada: as da 1.ª volta, o 23 ou o 24 de xaneiro; e as da 2.ª volta, o 25 ou o 26 de xaneiro.

● Adxudicación das prazas vacantes: a partir do venres 27 de xaneiro abrirse o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase o aboamento do mesmo xeito que o resto, ata o 30 de xaneiro.

MODO DE PREINSCRICIÓN:

1.ª opción: farase de forma telemática, a través da páxina web www.coruna.gal/cultura .

2.ª opción: facilitarase axuda telefónica (de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h) para aquelas persoas que non teñan correo electrónico ou dificultades de acceso a Internet, a través do teléfono 604 870 581.

● Poderá inscribirse nun máximo de dous obradoiros. Hai que ter en conta que na adxudicación se respectará a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante, e esta non poderá ser modificada unha vez que se realice o sorteo.

● Unha vez que se realice a inscrición recibirá no seu correo electrónico a resposta con todos os datos que apuntou. Comprobe que son correctos e garde a copia como xustificante.

● No caso de non dispoñer de correo electrónico, poderá consultar os seus datos nas listaxes de preinscrición na páxina web e no Ágora, o 12 de xaneiro.

● Nestas mesmas listaxes poderá coñecer o número designado para o sorteo público.

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS: unha vez realizado o sorteo público, as listaxes das persoas admitidas e as listaxes de agarda publicaranse o luns 19 de xaneiro ás 9.00 h, na páxina web municipal, na de Cultura e no servizo telefónico 010.

Nelas figurarán o número de inscrición, o num. do DNI/NIE da persoa solicitante así como o/os obradoiro/s adxudicado/s.

As prazas de cada obradoiro adxudicaranse a partir do número de inscrición que saia no sorteo público.

Adxudicaranse un máximo de dous obradoiros por persoa. En todo caso, tratarase de concederlles a todas as persoas solicitantes cando menos un obradoiro, antes de conceder un segundo obradoiro.

Para adxudicar as prazas vacantes e as non aboadas, terán preferencia as persoas das listaxes de agarda que non obtivesen ningunha praza, sempre respectando a orde de numeración do sorteo.

COTA DE INSCRICIÓN PRIMAVERA 2023: 40 € por obradoiro para as persoas menores de 65 anos. 28 € por obradoiro para as persoas maiores de 65 anos, cumpridos antes do inicio dos obradoiros.

PAGAMENTO DA COTA: do 19 ao 21 de xaneiro (os tres días incluídos).

1.ª opción: a cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta núm. ES76 2080 0036 6230 4002 1977. Enviarase o comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org ou depositarase nas conserxerías unha copia da transferencia bancaria en papel, xunto co núm. do DNI/NIE, o nome da persoa participante, o centro (Ágora ou Fórum) e o/os obradoiro/s aboado/s.

2.ª opción: as persoas que teñan dificultades en realizar a transferencia "en liña" ou non dispoñan de correo electrónico, poderán realizar o pagamento da cota mediante tarxeta de crédito (ou efectivo), presencialmente no ÁGORA ou no FÓRUM, de 16.00 a 20.00 h os días 9 e 10 de xaneiro, para os prazas de CONTINUIDADE e os días 19 e 20 de xaneiro, para os NOVOS OBRADOIROS.

No caso de non se realizar o pagamento nos ditos prazos a praza quedará vacante, e serán chamadas as persoas solicitantes da listaxe de agarda para cubrila. Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o obradoiro, só se devolverá o seu importe se outra persoa solicitante ocupa a praza, coa data límite do venres 10 de febreiro.

INICIO E REMATE DOS OBRADOIROS: comezarán a partir do luns 30 de xaneiro e rematarán o sábado 27 de maio, no día e hora que lle corresponda a cada obradoiro. Os obradoiros só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes.

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN PROGRAMA DE LECER FORUM 2023

Documentos relacionados

  • Números adxudicados para o sorteo do Fórum (97 KB)
  • FORUM METROPOLITANO Resultado do sorteo primavera 2023 (139 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión