Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.
No momento da compra das entradas débense indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas que vaian asistir, tal e como figuran nos seus DNI.
Para poder acceder ao Coliseum, o/a titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.
No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as persoas acompañantes deberá indicar os seus propios nas entradas destinadas aos/ás ditos/as acompañantes, e estará obrigado/a a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todas/os elas/eles deberanse identificar como integrantes do mesmo grupo.
Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.
Formada en California por Joshua Homme durante a década dos 90, Queens Of The Stone Age é o que sucede cando un proxecto musical multidimensional supera o xénero que el mesmo crea.
Demasiado prolífico, ambicioso e brillante como para limitarse a unha única etiqueta, Queens Of The Stone Age converteuse rapidamente nese xigante que bendixo o mundo con éxitos da categoría de 'No One Knows', 'Little Sister', 'My God is the Sun' ou 'The Way You Used To Do', entre moitos máis.