Concello da Coruña

Concello da Coruña
Rhythm of the dance 2025

RHYTHM OF THE DANCE - The National Dance Company Of Ireland

A Compañía Nacional de Danza de Irlanda presenta este incrible espectáculo de danza: Rhythm of the Dance, que puxo en pé a audiencias de todo o mundo durante máis de 24 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/11/2025 ata o 07/11/2025

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

O prezo da entrada oscila entre os 35,00 € e 45,00 € segundo zona

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Este espectáculo está organizado por Summun Music e Cávea Producións, coa colaboración da Deputación e do Concello da Coruña

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Visto por 7 millóns de persoas en máis de 50 países, é un dos tres espectáculos irlandeses máis importantes do mundo.

Con músicos tocando en directo e cantantes e bailaríns de primeira liña mundial, o espectáculo é unha experiencia completamente cativadora de ritmos palpitantes interpretados á velocidade do raio e con fantásticas coreografías.

Unha viaxe a través da historia de Irlanda, desde a antiga, rica en lendas e mitos, ata a Irlanda moderna e urbana que vemos hoxe, chea de talento.

Irlandés en esencia, cun novo toque desde as súas raíces en Sexan Nos (que significa estilo antigo) ata o estilo moderno que vemos hoxe, esta nova produción de Rhythm of the dance leva á audiencia nunha emocionante viaxe sen descanso durante dúas horas.

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes Teatro Colón: desde dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión