
Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interese CienciaPro.
Para nenos e nenas de 9 a 14 anos
Infantil
17/12/2025
Dende o 10/12/2025 ata o 17/12/2025
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.00 h
1,5 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O mércores 17 de decembro ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o Obradoiro "Detectives de ilusións", para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Neste obradoiro descubriremos que non todo é o que parece, que non hai unha única verdade, e que a realidade pode cambiar segundo os ollos que a miren. Como funcionan as ilusións ópticas? Sabes o que é un estereograma? Coñeces o zoom infinito? Veste capaz de descifrar problemas de enxeño sen axuda da IA?
Agardámosvos na Biblioteca Fórum para unha nova aventura de SomosPro!
Actividade con inscrición previa.
Tamén che pode interesar