Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
Cartaz

TRC danza: Mónica

Peza encadrada no Corufest 2025

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/05/2025

Xa rematou

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Danza Contemporánea

Pablo e Federico profundan na historia das súas nais, ambas chamadas Mónica. Esta coincidencia fascinoulles desde que iniciaron a súa relación: ambas naceron en Arxentina nos anos 50, fillas de refuxiados de guerra europeos e ambas emigraron a España de adultas.

En Mónica, os dous artistas van en busca das historias das súas nais. Mónica Lilienfeld, a nai de Pablo, morreu en 1986 a unha idade temperá, deixando tras dela un gran número de pinturas fascinantes e cheas de cor. Mónica Pezdirc, a nai de Fede, liberouse  da súa estrita educación católica e posou como modelo espida para as fotografías eróticas do pai de Fede na década de 1980.

 

Estas fotografías e pinturas constitúen os elementos visuais da obra, que combina performance, danza, vídeo e música. Aínda que se trata das súas nais, Lilienfeld e Vladimir poden ver a Mónica como a súa «filla» común. A parella de artistas entrelazan as xenealoxías tradicionais, e ao facelo tecen unha rede de maternidades non heteronormativas. Mónica é como unha telenovela na que conviven guerras, migracións e historias patriarcais clásicas xunto a aquelas historias que foron borradas.

IntérpretesPablo Lilienfeld e Federico Vladimir

Compañía: Federico Vladimir & Pablo Lilienfeld

Venda de entradas 

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en