
CLOWN. TEATRO XESTUAL E DE OBXECTOS
Para público adulto e xuvenil, a partir dos 12 anos
Para público en xeral
21/10/2023
Xa rematou
20.00 h
55 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
9,00 € (persoas desempregadas, Carné Xove, +65 anos e menores de 12 anos: 7,00 €) e abono 3 (de venda só nos despachos de billetes): 21,00 €.
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Ágora deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo agora@coruna.gal
IMCE
agora@coruna.gal
Que sucede cando non te aceptas tal como es, non te crees suficiente e sénteste xulgado por outros?
Cun carácter cómico e poético, Único conta a historia dun torpe oficinista, descontento co seu traballo e a súa vida, e a viaxe que emprende cara á súa propia validación, recoñecemento e autoestima.
Un encontro cos medos do pasado, para traer luz ao presente e manifestar a autenticidade propia e única do noso Ser.
Unha invitación para deixar brillar as nosas potencialidades e aprender das nosas torpezas. Un permiso para aceptarnos, tal como somos, con todos os matices da nosa personalidade.
Porque o verdadeiro éxito na vida é chegar a ser quen realmente es.
FICHA ARTÍSTICA
Intérprete: Martin Melinsky
Dirección: Celia Ruiz
Creación e dramaturxia: Martin Melinsky e Celia Ruiz
Neno das proxeccións: Lenny Coupry
Voz en off: Carlos Sante
Asistencia en Slapstick: Jorge Mendez Glez
Escenografía e vestiario: Mina Trapp
Música orixinal: Paulina Violeta
Deseño de animacións: Sara Malpi
Realización audiovisual: Lara Carretero
Deseño de iluminación: Daniel Noceda
https://www.youtube.com/watch?v=ouX2YQbAFUs
VENDA DE ENTRADAS:
PAGAMENTOS: no despacho de entradas da praza de Ourense, do Ágora e na televenda con tarxeta de débito ou de crédito, agás American Express.