
Este novo espectáculo conmemora o 10 aniversario do grupo nunha revisión sinfónica dos seus grandes éxitos. Un sorprendente achegamento da música orquestral ao universo vacún que conta co traballo do compositor Lucas Rei ao mando dos pentagramas.
Para público en xeral
07/02/2026
20.00 h
Platea: 8,00 €
Palcos centrais: 6,00 €
Palcos laterais: 4,00 €
Principal: 6,00 €
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Deputación dá Coruña
teatrocolon@coruna.gal
Do variado repertorio das vacas, nace pois, unha ópera en catro actos que abarca cancións, letras e vivencias. Baixo unha coidada dirección de escena descóbrese un mundo insólito que non por divertido e surreal é menos serio e esplendoroso. Para esta efeméride presentan unha proposta musical en gran formato, cunha orquestra de luxo creada para a ocasión, acompañadas dun orfeón consolidado e de gran renome como o Coro da Rá. Todos estes elementos confluirán na escena, subliñando o carácter sinfónico dos seus grandes himnos. Se naceron espindo as cancións para interpretalas con só tres voces e unha guitarra, agora queren revestilas coas mellores galas para celebrar así estes 10 anos de vida compartida. Diversión, epicidade, vacanal...son as súas máximas para esta efeméride. Estarán arroupadas por unha escenografía espectacular, unha proposta visual e de iluminación acorde coa celebración, e un vestiario renovado.
VENDA DE ENTRADAS
Entidades