Concello da Coruña

Concello da Coruña
Corentena do Aquarium Finisterrae

Viaxe ao centro do Aquarium

Visita guiada polas zonas técnicas do Aquarium Finisterrae: laboratorio, cociña, corentenas e salas de bombeo, de filtración e de cultivos auxiliares.

A quen vai dirixido?:

Persoas maiores de 16 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/03/2025

Xa rematou

Inscricións:

As entradas pódense adquirir dende as 9.00 horas do 27 de marzo nesta ligazón.

Horario:

Sábado 29 de marzo de 2025, das 11.30 ás 13.30 horas

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

12

Prezo:

10,30 euros por persoa.

Gratis para membros de Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, titulares da Tarxeta Vente e persoas con discapacidade.

As entradas pódense adquirir dende as 9.00 horas do 27 de marzo nesta ligazón.

Requisitos:

O itinerario discorre por corredores estreitos, espazos con alta humidade e, en ocasións, teitos de pouca altura, polo que é importante non ter limitada a capacidade de movemento.

Esta actividade ofrece a posibilidade de coñecer, da man de persoal técnico do acuario, as instalacións necesarias para o control e manexo dos millóns de litros de auga mariña que pasan diariamente polos seus tanques. Tamén é unha oportunidade para descubrir os principais recursos que se empregan para manter as condicións biolóxicas e ambientais adecuadas dos seres vivos que alberga o centro. A visita está concibida tamén para ofrecer a posibilidade de responder en directo á curiosidade cidadá sobre o funcionamento do Aquarium Finisterrae.

A actividade está pensada para un máximo de 12 persoas, que deberán ser maiores de 16 anos e terá lugar o 29 de marzo ás 11.30 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión