Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
Corentena do Aquarium Finisterrae

Viaxe ao centro do Aquarium

Visita guiada polas zonas técnicas do Aquarium Finisterrae: laboratorio, cociña, corentenas e salas de bombeo, de filtración e de cultivos auxiliares.

A quen vai dirixido?:

Persoas maiores de 16 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

31/05/2025

Sesión do 31 maio de 2025

Xa rematou

Inscricións:

As entradas poden adquirirse desde as 9.00 horas do 28 de maio, nesta ligazón.

Horario:

Sábado 31 de maio de 2025, de 11.30 a 13.30 horas

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

12

Prezo:

10,30 euros por persoa

Gratis para membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, titulares de Tarjeta Vente e persoas con discapacidade.

As entradas poderán adquirirse desde as 9.00 horas do mércores 28 de maio, nesta ligazón.

Requisitos:

O itinerario discorre por corredores estreitos, espazos con alta humidade e, en ocasións, teitos de pouca altura, polo que é importante non ter limitada a capacidade de movemento.

Esta actividade ofrece a posibilidade de coñecer, da man de persoal técnico do acuario, as instalacións necesarias para o control e manexo dos millóns de litros de auga mariña que pasan diariamente polos seus tanques. Tamén é unha oportunidade para descubrir os principais recursos que se empregan para manter as condicións biolóxicas e ambientais adecuadas dos seres vivos que alberga o centro. A visita está concibida tamén para ofrecer a posibilidade de responder en directo á curiosidade cidadá sobre o funcionamento do Aquarium Finisterrae.

A actividade está pensada para un máximo de 12 persoas, que deberán ser maiores de 16 anos, e terá lugar o 31 de maio ás 11.30 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en