Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xornada de portas abertas en San Xoán

O 24 de xuño, San Xoán, festivo local, a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae de balde.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/06/2024

Xa rematou

Horario:

Aberto de 10.00 a 19.00 horas, con último acceso ás 18.00 horas no Aquarium Finisterrae, e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus

Número de prazas:

Aforamento limitado

Prezo:

Gratis

Imprescindible reserva de entradas para visitar o Aquarium Finisterrae, nesta ligazón

Para asistir a unha sesión de Planetario na casa das Ciencias hai que reservar entradas nesta ligazón

Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprencindible realizar unha reserva de entradas, que poderá realizarse a partir do venres 21 de xuño nesta ligazón. Para facilitarlle o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva.

A visita ás salas de exposicións da Casa das Ciencias será libre, pero para asistir a unha sesión de Planetario haberá que reservar entradas, a partir do 21 de xuño nesta ligazón.

Haberá as seguintes sesións:

  • 11.30 h: Biosfera oscura (+ 10 anos, castelán)

  • 13.00 h: Dinosauros, unha historia de supervivencia (+ 7 anos, galego)

  • 17.00 h: Hazelnuts, na procura do planeta perfecto (de 4 a 7 anos, galego)

  • 18.00 h: Programa en directo sobre o ceo desta época do ano (+10 anos, cast./gal.)

Na Domus a entrada nesta xornada será libre, sen reserva previa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión