O vindeiro sábado 14 de marzo o Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía-CSIC (IEO) organizará a XVI edición da Xornada de Puertas Abertas para dar a coñecer os seus traballos de investigación.
Os científicos e técnicos do IEO explicarán de forma próxima e amena algúns dos aspectos da ciencia dos océanos. Para iso deseñaron varias actividades:
- PESQUEIRAS SUSTENTABLES: No taller de pesca aprenderemos como é un peixe por dentro. Ademais, descubriremos que datos han de tomar os investigadores e a importancia da información científica para a sustentabilidade da pesca.
- ALGAS E FLORA MARIÑA: Os nosos técnicos explicarán algunhas curiosidades do mundo vexetal das nosas costas.
- OCEANOGRAFÍA FÍSICA: A través de amenos experimentos descubriremos importantes aspectos sobre a física dos océanos.
- PLANCTO: No taller de plancto explicaremos a importancia que ten este en a rede trófica mariña, e o fundamental que é a nivel global. Teremos microscopios onde poder observar a impresionante diversidade destes minúsculos organismos.
- ESPAZO INFANTIL "MARÍA HERMIDA": Onde os mozos investigadores deberán identificar as cunchas e outras especies que podemos descubrir nas nosas praias, concienciándose tamén sobre a importancia da xestión dos residuos e problemática do lixo mariño. Unha vez completada a súa misión atoparán algún que outro agasallo.
- COLECCIÓNS MARIÑAS: Presentarémosvos algúns dos exemplares mariños colleitados por compañeiros dos nosos Centros Oceanográficos do IEO-CSIC.
- Paneis diversos: con temática mariña.