Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
Xullo pop 2023

Xullo Pop!

Os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo o Teatro Colón encherase de música

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 30/06/2023, 01/07/2023, 02/07/2023

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Entrada con invitación (máximo 2 por persoa)

Organiza:

Deputación da Coruña

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

30 de xuño de 2023

Xullo Pop! - PAVA. LUCÍA ALDAO

1 de xullo de 2023

Xullo Pop! - O PORTUGHÉS

2 de xullo de 2023

Xullo Pop! - MAI + CARABELA

Xullo Pop! - PAVA. LUCÍA ALDAO

Artistas: Lucía Aldao, Pablo Silva, Analís Guillín e David Santos

Un ano despois de PAVA, o primeiro traballo musical en solitario de Lucía Aldao, chega PAVA2, un EP de catro cancións que completa e dá continuidade ao proxecto. Unha proposta global de nove temas que a artista leva ao directo xunto coa súa banda.

Emoción e risa, revisión e identidade, amizade e crítica son os pares que tecen o fío condutor deste novo EP producido por Diego Delgado, PAVA e PAVA2 súmanse para crear un proxecto musical expansivo.

Novas fermosas cancións nas que, sen dúbida, "canta unha poeta oral".

Xullo Pop! - O PORTUGHÉS

Artistas: Julián González Rodríguez (O Portughés), Jose Manuel Frieiro Muiños, Borja Arcos e Aimar Fontán

O Portughés en directo, un dos pioneiros do trap en Galiza, presenta un dos seus últimos traballos inspirado en grupos como Wutang, Space Hammu ou Asap Mob. Un concerto dinámico e 100% en galego.

Xullo Pop! - MAI + CARABELA

XULLO POP! : MAI

Artistas: voz: Iseo Agilda, pandereita e coros: Icía Sanmartín, violoncello: Alejandro Costas, percusión: Migui Carballido, teclados: Víctor Álvarez

Concerto de presentación do disco debut da banda, Nigredo. É un espectáculo conceptual no que a música pop se asenta sobre tímbricas e rítmicas tradicionais, vestida cunha atmosfera electrónica. Trátase dun ritual de reconexión coa vida, unha viaxe iniciática dende o máis escuro e primario.

XULLO POP! : CARABELA

Unha travesía iniciática na que as melodías de inspiración tradicional que parten do fascinante rexistro vocal de Ana Moas sucan entre os remuíños de ondas sonoras que xorden dos sintetizadores de Alba Vázquez, os baixos de Pablo Pazos e das guitarras e programacións de Pablo Agra, dando forma a unha proposta musical coas coordenadas ben enraizadas en terra firme e o pop mais co compás orientado cara ás rompentes da vangarda.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en