Retrocedemos ao pasado este próximo domingo 19 de marzo, na sala Gurugú da Coruña ás 18.30 h
Público familiar a partir de 3 anos
Familias, Infancia
19/03/2023
Xa rematou
18.30 h
Sala Gurugú
Sala Gurugú
Agra do Orzán, nº3, Coruña
Dispostos a todo, volven os dinosauros aos nosos días!
O malvado Katraska e os seus malfeitores queren apoderarse dun misterioso ovo descuberto na Patagonia Arxentina. Ariadna e o profesor Florentino Ameghino loitarán por protexer a Xuri, un dinosauro moi peculiar que se mantivo oculto aos ollos do mundo a través dun curioso dispositivo evolutivo antropolóxico.
Un espectáculo único con música en directo. Unha comedia de enredo e misterio espectacular, recoñecida co Premio do público ao mellor espectáculo infantil Galicreques 2021.
Monicreques Cachirulo pon en escena este espectáculo dirixido a público familiar (+3 anos)
Entidades