Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
portas abertas

XV edición da Xornada de Portas Abertas

O vindeiro sábado 7 de xuño o Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) organizará a XV edición da Xornada de Portas Abertas, para dar a coñecer os seus traballos de investigación.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

07/06/2025

Xa rematou

Horario:

De mañá, de 11.00 a 14.00 h, e de tarde, de 16.00 a 20.00 h

Contacto:

Esta actividade forma parte dos actos de conmemoración do Día Mundial dos Océanos organizados polo Instituto Español de Oceanografía-CSIC.

Os científicos e técnicos do IEO explicarán de forma próxima algúns dos aspectos da ciencia dos océanos. Para iso deseñaron varias actividades:

  • PESQUEIRAS SUSTENTABLES: no taller de pesca descubriremos como é un peixe por dentro, aprenderemos a medilos como o fan os científicos, a distinguir o sexo dos peixes, a saber cantos anos teñen, así como os sistemas de marcado de exemplares. Todas estas técnicas son importantes para asegurar a sustentabilidade da pesca.
  • OCEANOGRAFÍA FÍSICA: a través de experimentos amenos, descubriremos importantes aspectos sobre a física dos océanos.
  • PLANCTO: no taller de plancto, explicaremos a importancia que ten este na rede trófica mariña e o fundamental que é a nivel global. Teremos microscopios onde poder observar a impresionante diversidade dos organismos microscópicos.
  • EXPLORACIÓN OCEÁNICA: onde explicaremos algúns dos estudos realizados nas nosas exploracións mariñas mediante maquetas autopropulsadas.
  • ESPAZO INFANTIL "MARÍA HERMIDA": con xogos relacionados co mar e cos seus organismos.
  • COLECCIÓNS MARIÑAS: presentarémosvos a colección de exemplares mariños colleitados por compañeiros/as dos nosos centros oceanográficos.
  • Paneis diversos: con temática mariña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en