Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
XVIII Feira das marabillas

XXVIII Feira das Marabillas

O Concello da Coruña xunto coa Asociación Comercial e Empresarial "Cidade Antiga" da Coruña (ACECA) organiza a XXVIII edición da Feira das Marabillas, acontecemento que xa forma parte da programación estival de lecer da cidade, con diferentes actividades para todos os públicos e idades.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/07/2024 ata o 28/07/2024

Xa rematou

Horario:

de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 24.00 h

Organiza:

Concello da Coruña xunto coa Asociación Comercial e Empresarial "Cidade Antiga" de Coruña (ACECA)

Documentos:

Programación completa 2024 (4 MB)

Inauguración e benvida: mércores 24 ás 12.30 h na praza de Azcárraga

Encontro de música Medieval: mércores 24 ás 20.30 h na igrexa de Santiago

Recuncho das Pícaras-Zona Infantil (todos os días) na praza de María Pita

  • Actividades: obradoiros artesáns (pan, chocolate...), acrobacias, monicreques, contacontos, atraccións.

Pasarrúas musicais e de danza, pasarrúas teatrais e humorísticos, pasarrúas acrobáticos e espectáculos circenses (todos os días)

Concertos en horario nocturno: todos os días na praza de Azcárraga e na praza das Bárbaras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en