Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a Fundación Galiza Sempre e as asociacións veciñais da Agra do Orzán e Oza-Gaiteira-Os Castros
O próximo 30 de xuño ás 19.00 h, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a Fundación Galiza Sempre e as asociacións veciñais da Agra do Orzán e Oza-Gaiteira-Os Castros organizan a presentación do documental 1846 revolución galega. Un documental que aposta por unha combinación de animación tradicional para as recreacións históricas e un traballo de investigación que incorpora testemuños de especialistas en historia, co obxectivo de contextualizar os feitos e ofrecer unha visión divulgativa e accesible sobre un episodio descoñecido da nosa historia. A proxección terá lugar no Fórum Metropolitano e nela participará o director do documental e autor desta investigación, César Caramés.